sábado, 23 de abril de 2016

só uns intres


Óuvese cá o enxougo da auga o bruar do ceo a cor da vida o acontecer do tempo, e na valgada albíscase o infindo duns intres silandeiros, esmorecidos nunha escrita de florestas e avesíos. 






















































































Eis ló.

No entanto dicir que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admite a trámite a Petición 0565/2015 e levará a cabo unha investigación sobre diferente problemática no entorno do Lugar de Importancia Comunitaria e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais do río Támega.